<p>Unha obra mutante e heterox&eacute;nea. Unha po&eacute;tica das di&aacute;sporas. Tres libros que transitan e combinan, cada un deles, tres linguas: galego, catal&aacute;n e castel&aacute;n, e diversas formas narrativas. Brigitte Vassallo desaf&iacute;anos desde a necesidade, o desexo e a indignaci&oacute;n. Como entender e facer propia unha historia negada, a ausencia dunha lingua com&uacute;n, os silencios, os mitos culturais?</p> <p>&laquo;A mi&ntilde;a lingua materna &eacute; a miseria, a di&aacute;spora, o silencio, a intemperie. As mi&ntilde;as linguas maternas son todas estas a pesar meu ou para alegr&iacute;a mi&ntilde;a, todas estas que escribo mal, con faltas de ortograf&iacute;a, con pouco vocabulario, todas mesturadas e todas erradas. Mais hoxe, eiqu&iacute;, deixo de escoller. E deixo de mentir: unha lingua non &eacute; s&oacute; unha colecci&oacute;n de sons, &eacute; tam&eacute;n un desexo, unha interlocuci&oacute;n. O <em>Tr&iacute;ptico do silencio</em> son tres libros semellantes mais distintos, nas mi&ntilde;as tres linguas maternas, para tres comunidades ling&uuml;&iacute;sticas, se &eacute; que iso existe. Cada un dos tres est&aacute; escrito, &aacute; s&uacute;a vez, mesturando os tres idiomas: porque iso somos n&oacute;s, o non ter un idioma com&uacute;n, o ir facendo como podemos. E porque &eacute; necesario un esforzo para entender unha historia que foi negada, afinar o ouvido, deixarse incomodar e entregarse un pouco, tam&eacute;n, a gram&aacute;ticas imposibles.&raquo;</p>